You are here: Home
Contacto
Sample Data-Articles
Joomla!
Extensions
Modules
Content Modules
News Flash
Contacto
Sample Data-Articles
Joomla!
Extensions
Modules
Content Modules
News FlashO día 14 de febreiro de 2013, presentouse no Pazo de Tor, en Monforte de Lemos, o Plan Integral...
O Presidente da Deputación, José Ramón Gómez Besteiro, entregou o 12 de xuño de 2014 os...
Displays a set number of articles from a category based on date or random selection. Help
O Presidente da Deputación, José Ramón Gómez Besteiro, entregou o 12 de xuño de 2014 os diplomas ós participantes nas accións formativas celebradas no Sur da provincia co Fórmate en Verde, o programa da Deputación que xera emprego e fixa poboación no rural. Foron 286 as persoas que se beneficiaron dos 21 obradoiros sobre agricultura ecolóxica levados á zona. Os participantes recibiron gratis formación e asesoramento técnico especializado para crear novas empresas. Gómez Besteiro adiantou que, froito destes cursos, xa están en marcha as primeiras 6 novas explotacións de agricultura ecolóxica en Carballedo, Guntín, Chantada, Castro de Rei e Sarria. O titular provincial avanzou a creación na provincia doutras 15 empresas sobre gandería ecolóxica e o sector forestal co Fórmate en Verde.
O organismo provincial centralizou as accións formativas sobre agricultura ecolóxica do Fórmate en Verde na Zona Sur, tendo en conta que nas Comarcas de Chantada ou Lemos a superficie dedicada ó cultivo é de entre o 30 e o 50%, e que Monforte acolle a sede do Consello Regulador de Agricultura Ecolóxica de Galicia. A provincia de Lugo conta con 341 dos 814 operadores inscritos no CRAEGA; é a primeira provincia galega en volume de negocio, con 9 millóns de euros, e a segunda, despois de Ourense, en canto a superficie, con máis de 6.400 hectáreas.
Mais de 900 persoas participaron no plan de emprego Fórmate en Verde, financiado ó 80% pola Unión Europea a través do programa medioambiental Lug02, que tivo tres eixes: formación, visitas prácticas a empresas xa consolidadas dos sectores agropecuario e forestal e asesoramento técnico especializado a todos os participantes para crear empresas no rural vinculadas ós sectores gandeiro, agrícola e forestal.
Este apartado foi creado especialmente para aquelas persoas que precisan asesoramento na saída ao mercado dos seus proxectos ou negocios sostibles na provincia de Lugo, e que participaron no Plan Integral de Agricultura Ecolóxica.
A posta en marcha dunha empresa non é nada doado, por iso ofrecémosche unha valoración inicial da idea e das calidades como emprendedor/a. Non basta con crear unha empresa, senón que hai que asegurarse anticipadamente da súa viabilidade e do seu futuro.
Por outra parte, é importante o traballo en rede, tanto para a saída ao mercado como para a formación personal, polo que deixamos a túa disposición o foro para o traballo colaborativo (http://www.foro.planintegralagricola.info/).
Soliticita o teu asesoramento:
Para intercambiar experiencias tes a túa disposición un foro no que podes comentar e abrir debate sobre calquera tema relacionado coa agricultura ecolóxica e a constitución de empresas do sector.
Entra no foro neste link
Finalizado o prazo para a inscripción nos cursos.
Curso 1. Agricultura ecolóxica. Presencial. Monforte.pdf
Curso 2. Agricultura ecolóxica. Presencial. Ribadeo. pdf
Curso 3. Horticultura ecolóxica. Presencial. Chantada.pdf
Curso 4. Agricultura ecolóxica. Inicial. Online.pdf
Curso 5. Agricultura ecolóxica. Inicial. Online.pdf
Curso 6. Agricultura ecolóxica. Inicial. Online.pdf
Curso 7. Agricultura ecolóxica. Inicial. Online.pdf
Curso 8. Agricultura ecolóxica. Avanzado.Online.pdf
Curso 9. Agricultura ecolóxica. Avanzado. Online.pdf
Curso 10. Agricultura ecolóxica. Avanzado. Online.pdf
Curso 11. Horticultura ecolóxica.Inicial.Vilalba. Mixto.pdf
Curso 12. Vitivinicultura ecolóxica. Inicial. Monforte. Mixto.pdf
Curso 13. Horticultura ecolóxica. Inicial. Monforte. Mixto.pdf
Curso 14. Vitivinicultura ecolóxica. Avanzado. Online.pdf
Curso 15. Castañicultura. Avanzado. Online.pdf
Curso 16. Fruticultura. Avanzado. Online.pdf
Curso 17. Horticultura ecolóxica. Avanzado. Sarria. Mixto.pdf
|
En cumplimiento da LeI Orgánica de Proteción de Datos de Carácter Persoal (LOPD), recordámoslle que os seus datos persoais serán incluidos nunha base de datos de Estudios y Proyectos Rurales, S.L.. e serán protexidos pola mencionada Lei. Vostede pode exercer os dereitos de acceso, cancelación, rectificación e oposición dirixíndose a estudipro.rural@gmail.com
|
![]() |
![]() |
![]() |