Get Adobe Flash player
Presentación do Plan Integral de Agricultura Ecolóxica

Presentación do Plan Integral de Agricultura Ecolóxica

O día 14 de febreiro de 2013, presentouse no Pazo de Tor, en Monforte de Lemos, o Plan Integral...

Acto de entrega de diplomas

Acto de entrega de diplomas

O Presidente da Deputación, José Ramón Gómez Besteiro, entregou o 12 de xuño de 2014 os...

O eixe de "agricultura ecolóxica" do Plan Integral está dispoñible para tódolos mozos, desempregados, emprendedores, agricultores, estudantes, etc. da provincia de Lugo (agás os censados no concello de Lugo), interesados en aproveitar unha oportunidade de futuro.

 

Se estás interesado na agricultura ecolóxica, en crear a túa propia empresa, en diversificar a túa produción actual, etc. tes que aproveitar esta oportunidade:

  • Informarémoste das posibilidades que che ofrece Lugo, especialmente a túa zona ou bisbarra, mediante a celebración de xornadas e talleres.
  • Poderás coñecer de primeira man outras iniciativas exitosas sobre agricultura ecolóxica.
  • Poderás formarte con cursos de iniciación e perfeccionamento de AE de niveis principiante e avanzado de 150 h. de duración (na modalidade que máis se adapte a ti: presencial, a distancia e online).
  • Asesorarémoste na creación e/ou diversificación da túa empresa: trámites administrativos, asesoramento xurídico e laboral, plans de negocio, viabilidade da empresa, etc.

(É requisito indispensable para a participación nas actividades do Plan Integral agrícola, que o destinatario participe en cada unha das fases do plan: sensibilización, formación e asesoramento ou saída ao mercado).

En cumplimiento da LeI Orgánica de Proteción de Datos de Carácter Persoal (LOPD), recordámoslle que os seus datos persoais serán incluidos nunha base de datos de Estudios y Proyectos Rurales, S.L.. e serán protexidos pola mencionada Lei. Vostede pode exercer os dereitos de acceso, cancelación, rectificación e oposición dirixíndose a estudipro.rural@gmail.com

deplugo europ Lugo2