Get Adobe Flash player
Presentación do Plan Integral de Agricultura Ecolóxica

Presentación do Plan Integral de Agricultura Ecolóxica

O día 14 de febreiro de 2013, presentouse no Pazo de Tor, en Monforte de Lemos, o Plan Integral...

Acto de entrega de diplomas

Acto de entrega de diplomas

O Presidente da Deputación, José Ramón Gómez Besteiro, entregou o 12 de xuño de 2014 os...

O eixe da agricultura ecolóxica do Plan Integral está dispoñible para tódolos mozos desempregados, emprendedores, agricultores, estudantes, etc. da provincia de Lugo (agás os censados no concello de Lugo, pois son destinatarios doutros programas europeos), interesados en aproveitar unha oportunidade de futuro.

Se estás interesado na agriculutra ecolóxica, en crear a túa propia empresa, etc., tes que aproveitar este plan totalmente gratuíto.

Toda a provincia de Lugo, e en especial a zona sur, é especialmente apta para a produción de cultivos ecolóxicos.

A superficie inscrita na AE en Galicia non para de crecer, cun número de entidades operadoras que ascende a 798. A evolución desta superficie segue a mesma dinámica que a do total estatal.

O 47,1% das entidades operadoras inscritas no CRAEGA (Consello regulador de agricultura ecolóxica de Galicia) localízanse na provincia de Lugo, mentres que o resto seguen unha distribución moito máis homoxénea nas demais provincias.

Un dos principios fundamentais da AE, e que constitúe unha das diferenzas máis destacadas con respecto á produción convencional, é que o achegamento á actividade agraria debe realizarse a partir de agrosistemas sostibles nos que se integren as producións que se pretenden desenvolver.

A capacidade de innovación do sector agrario e, en especial da agricultura ecolóxica, necesita agora de novos emprendedores, novas ideas e novas empresas, que serán protagonizadas por mulleres e homes que crean no noso medio rural e que teñan na provincia de Lugo a total garantía de futuro.

A AE é unha das opcións máis concordantes coas políticas actuais, para fomentar modelos que, máis alá de diversificar ou crear unha nova empresa, se configuran para favorecer o desenvolvemento de sistema de produción sostibles en termos económicos e ambientais, que potencien os alimentos sans e de calidade e que contribúan a fixar poboación no medio rural.

 

Participa!!!

 

Tes á túa disposición unha serie de actividades nas que poderás participar e informarte para emprender a viaxe da AE.

En cumplimiento da LeI Orgánica de Proteción de Datos de Carácter Persoal (LOPD), recordámoslle que os seus datos persoais serán incluidos nunha base de datos de Estudios y Proyectos Rurales, S.L.. e serán protexidos pola mencionada Lei. Vostede pode exercer os dereitos de acceso, cancelación, rectificación e oposición dirixíndose a estudipro.rural@gmail.com

deplugo europ Lugo2