O día 14 de febreiro de 2013, presentouse no Pazo de Tor, en Monforte de Lemos, o Plan Integral...
O Presidente da Deputación, José Ramón Gómez Besteiro, entregou o 12 de xuño de 2014 os...
Esta fase consiste no asesoramento técnico especializado a tódalas persoas participantes para crear empresas no rural vinculadas á agricultura ecolóxica.
As persoas que queiran reconverter a súa explotación, diversificar a súa actividade ou ben por en marcha unha nova empresa, contarán con asesoramento continuo e especializado, dende a mesma concepción da idea, hasta a súa saída ao mercado. Terán ademais á súa disposición un canal de comercialización: a plataforma de comercio electrónico www.losproductosdelugo.com
Porque a posta en marcha dunha empresa non é nada doado, faremos unha valoración inicial da idea e das calidades como emprendedor/a.
Non basta con crear unha empresa, hai que asegurarse anticipadamente da súa viabilidade e do seu futuro. A parte de ter unha idea xenial, é importante madurala, comprobar a súa viabilidade, asegurar o seu futuro e poñela en práctica.
O motivo último desta fase de saída ó mercado é o de crear emprego e fixar poboación no rural.
|
En cumplimiento da LeI Orgánica de Proteción de Datos de Carácter Persoal (LOPD), recordámoslle que os seus datos persoais serán incluidos nunha base de datos de Estudios y Proyectos Rurales, S.L.. e serán protexidos pola mencionada Lei. Vostede pode exercer os dereitos de acceso, cancelación, rectificación e oposición dirixíndose a estudipro.rural@gmail.com
|
![]() |
![]() |
![]() |