O día 14 de febreiro de 2013, presentouse no Pazo de Tor, en Monforte de Lemos, o Plan Integral...
O Presidente da Deputación, José Ramón Gómez Besteiro, entregou o 12 de xuño de 2014 os...
O "Plan Integral para o desenvolvemento sostible do sector agrícola, gandeiro e agroforestal" establecido no marco do proxecto LugO2 Provincial, pon a túa disposición unha serie de cursos de formación para potenciar a agricultura ecolóxica na provincia.
Tódolos cursos de formación están formados por dúas partes:
Cursos dispoñibles:
Curso de agricultura ecolóxica xeral
Perséguese a formación das persoas interesadas na produción agraria ecolóxica e o fomento de empregos ambientalmente sostibles, posibilitando o aumento das oportunidades laborais capaces de sosterse no futuro, de maneira que o alumno coñeza os conceptos e prácticas máis importantes nos que se basea a agricultura ecolóxica.
Preténdese formar o alumno en todos aqueles conceptos teóricos e prácticos para realizar as operacións de manexo, mantemento, produción e recolección de cultivos nunha explotación agrícola ecolóxica, aplicando criterios de calidade, sustentabilidade e rendibilidade, cumprindo coa lexislación vixente de agricultura ecolóxica, de control de calidade e de prevención de riscos laborais vixentes.
Curso de castañicultura
O curso de castañicultura pretende dar resposta ás necesidades dun sector que conta cunha implantación xa numerosa de produtores ecolóxicos de castaña en Lugo (71 produtores), pero que ao mesmo tempo soamente son unha pequena parte dos existentes na provincia. O curso está destinado a todos eles e aos que queiran iniciarse na produción de castaña ecolóxica.
Curso de fruticultura
Tendo en conta que despois da castaña, a mazá é o produto ecolóxico con maior presenza na provincia de Lugo, elaborouse este curso destinado a todos aqueles que queiran especializarse na produción frutícola ecolóxica, sexa cal sexa o froito.
Curso de horticultura
Este curso programouse debido a ampla distribución territorial dos cultivos de horta en calquera punto da provincia e da tradicional cultura do agricultor galego de producir alimentos “naturais” para o consumo propio. Por elo, pretende contribuír a fortalecer outras iniciativas desenvolvidas pola Diputación Provincial de Lugo para potenciar os produtos lucenses de calidade.
Curso de vitivinicultura
Este curso pretende satisfacer a innovación que se poida producir no mercado vitivinícola coa entrada en vigor da nova normativa comunitaria en agosto de 2012, normativa que regula a elaboración do viño ecolóxico. A oportunidade que presenta o curso é de ter en conta, especialmente polos viticultores do sur da provincia de Lugo.
Características da formación
Grupos reducidos de 15 a 25 persoas por curso.
Servizo de titorías personalizado.
En cumplimiento da LeI Orgánica de Proteción de Datos de Carácter Persoal (LOPD), recordámoslle que os seus datos persoais serán incluidos nunha base de datos de Estudios y Proyectos Rurales, S.L.. e serán protexidos pola mencionada Lei. Vostede pode exercer os dereitos de acceso, cancelación, rectificación e oposición dirixíndose a estudipro.rural@gmail.com
|
![]() |
![]() |
![]() |