Get Adobe Flash player
Presentación do Plan Integral de Agricultura Ecolóxica

Presentación do Plan Integral de Agricultura Ecolóxica

O día 14 de febreiro de 2013, presentouse no Pazo de Tor, en Monforte de Lemos, o Plan Integral...

Acto de entrega de diplomas

Acto de entrega de diplomas

O Presidente da Deputación, José Ramón Gómez Besteiro, entregou o 12 de xuño de 2014 os...

O Presidente da Deputación, José Ramón Gómez Besteiro, entregou o 12 de xuño de 2014 os diplomas ós participantes nas accións formativas celebradas no Sur da provincia co Fórmate en Verde, o programa da Deputación que xera emprego e fixa poboación no rural. Foron 286 as persoas que se beneficiaron dos 21 obradoiros sobre agricultura ecolóxica levados á zona. Os participantes recibiron gratis formación e asesoramento técnico especializado para crear novas empresas. Gómez Besteiro adiantou que, froito destes cursos, xa están en marcha as primeiras 6 novas explotacións de agricultura ecolóxica en Carballedo, Guntín, Chantada, Castro de Rei e Sarria. O titular provincial avanzou a creación na provincia doutras 15 empresas sobre gandería ecolóxica e o sector forestal co Fórmate en Verde

 

 

Fórmate en Verde na Zona Sur


O organismo provincial centralizou as accións formativas sobre agricultura ecolóxica do Fórmate en Verde na Zona Sur, tendo en conta que nas Comarcas de Chantada ou Lemos a superficie dedicada ó cultivo é de entre o 30 e o 50%, e que Monforte acolle a sede do Consello Regulador de Agricultura Ecolóxica de Galicia. A provincia de Lugo conta con 341 dos 814 operadores inscritos no CRAEGA; é a primeira provincia galega en volume de negocio, con 9 millóns de euros, e a segunda, despois de Ourense, en canto a superficie, con máis de 6.400 hectáreas.

 

Formación, práctica e asesoramento


Mais de 900 persoas participaron no plan de emprego Fórmate en Verde, financiado ó 80% pola Unión Europea a través do programa medioambiental Lug02, que tivo tres eixes: formación, visitas prácticas a empresas xa consolidadas dos sectores agropecuario e forestal e asesoramento técnico especializado a todos os participantes para crear empresas no rural vinculadas ós sectores gandeiro, agrícola e forestal.

En cumplimiento da LeI Orgánica de Proteción de Datos de Carácter Persoal (LOPD), recordámoslle que os seus datos persoais serán incluidos nunha base de datos de Estudios y Proyectos Rurales, S.L.. e serán protexidos pola mencionada Lei. Vostede pode exercer os dereitos de acceso, cancelación, rectificación e oposición dirixíndose a estudipro.rural@gmail.com

deplugo europ Lugo2