Get Adobe Flash player
Presentación do Plan Integral de Agricultura Ecolóxica

Presentación do Plan Integral de Agricultura Ecolóxica

O día 14 de febreiro de 2013, presentouse no Pazo de Tor, en Monforte de Lemos, o Plan Integral...

Acto de entrega de diplomas

Acto de entrega de diplomas

O Presidente da Deputación, José Ramón Gómez Besteiro, entregou o 12 de xuño de 2014 os...

O Presidente da Deputación, José Ramón Gómez Besteiro, entregou o 12 de xuño de 2014 os diplomas ós participantes nas accións formativas celebradas no Sur da provincia co Fórmate en Verde, o programa da Deputación que xera emprego e fixa poboación no rural. Foron 286 as persoas que se beneficiaron dos 21 obradoiros sobre agricultura ecolóxica levados á zona. Os participantes recibiron gratis formación e asesoramento técnico especializado para crear novas empresas. Gómez Besteiro adiantou que, froito destes cursos, xa están en marcha as primeiras 6 novas explotacións de agricultura ecolóxica en Carballedo, Guntín, Chantada, Castro de Rei e Sarria. O titular provincial avanzou a creación na provincia doutras 15 empresas sobre gandería ecolóxica e o sector forestal co Fórmate en Verde

 

 

Fórmate en Verde na Zona Sur


O organismo provincial centralizou as accións formativas sobre agricultura ecolóxica do Fórmate en Verde na Zona Sur, tendo en conta que nas Comarcas de Chantada ou Lemos a superficie dedicada ó cultivo é de entre o 30 e o 50%, e que Monforte acolle a sede do Consello Regulador de Agricultura Ecolóxica de Galicia. A provincia de Lugo conta con 341 dos 814 operadores inscritos no CRAEGA; é a primeira provincia galega en volume de negocio, con 9 millóns de euros, e a segunda, despois de Ourense, en canto a superficie, con máis de 6.400 hectáreas.

 

Formación, práctica e asesoramento


Mais de 900 persoas participaron no plan de emprego Fórmate en Verde, financiado ó 80% pola Unión Europea a través do programa medioambiental Lug02, que tivo tres eixes: formación, visitas prácticas a empresas xa consolidadas dos sectores agropecuario e forestal e asesoramento técnico especializado a todos os participantes para crear empresas no rural vinculadas ós sectores gandeiro, agrícola e forestal.

O día 14 de febreiro de 2013, presentouse no Pazo de Tor, en Monforte de Lemos, o Plan Integral de Agricultura Ecolóxica. A presentación, a cargo da vicepresidenta segunda da Deputación de Lugo, Lara Méndez, foi un éxito, xa que acudiron un cento de persoas interesadas en participar no plan "Fórmate en Verde". Lara Méndez destacou que o programa é un máis dos que desenvolve a Deputación de Lugo para crear emprego na provincia, especialmente no eido da agricultura ecolóxica no sur de Lugo.


Na presentación explicáronse as tres fases do plan (sensibilización, formación e saída ao mercado) na que xa poden participar tódolos lucenses. Deste xeito, haberá novas xornadas e talleres, para no mes de marzo iniciar os cursos de formación e posteriormente realizar o asesoramento para a saída ao mercado. O obxectivo é establecer empresas sostibles e de economía social, diversificar actividades no medio rural, ofrecer formación e sensibilizar aos consumidores sobre as garantía e propiedades dos produtos ecolóxicos.

 

En cumplimiento da LeI Orgánica de Proteción de Datos de Carácter Persoal (LOPD), recordámoslle que os seus datos persoais serán incluidos nunha base de datos de Estudios y Proyectos Rurales, S.L.. e serán protexidos pola mencionada Lei. Vostede pode exercer os dereitos de acceso, cancelación, rectificación e oposición dirixíndose a estudipro.rural@gmail.com

deplugo europ Lugo2